Portada » Espectáculos »
Espectáculos
Comezamos o ano do mellor xeito posible, nos teatros!
Arrincamos esta primeira semana de 2022 con funcións en Vigo e Valladolid. O Teatro Afundación e o Teatro Calderón son as próximas paradas de ‘Somos Criminais 3’ e ‘Fariña’.
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán volven aos teatros cun novo espectáculo
‘Somos Criminais 3’ comeza o seu percorrido polos teatros galegos. Chega con novas historias e personaxes a través dos que averiguar se somos criminais no bo sentido da palabra.
Fariña volve a Galicia
Presentamos no Culturgal a xira galega 2022 de Fariña. A Feira das industrias culturais galegas foi tamén o lugar elixido para o lanzamento de ‘Táboas’, a nosa revista semestral.
Chega ‘Somos Criminais 3’, o novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán están de volta… e media! Como segundas partes nunca foron boas, chega directamente Somos Criminais 3. Un espectáculo completamente novo no que analizarán Galicia e os seus habitantes.
Comicamente, un verán para a recuperación do bo humor
Recuperar o bo humor, ese era o obxectivo de Comicamente. A programación de espectáculos de comedia para grandes públicos e a reactivación da actividade cultural uniron a Ainé con Etiqueta Negra e Condetrespés.
Arrinca unha semana intensa na xira de ‘Fariña’
A xira de ‘Fariña’ fará parada en cinco localidades de Castela e León e no sur de Madrid nos próximos cinco días. Ponferrada, Palencia, Miranda de Ebro, Pinto e Medina del Campo acollerán o espectáculo esta semana.





