‘Continente María’ estará na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Continente María estará no Morrazo o vindeiro venres, 8 de xullo, na celebración da 39ª edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). A representación comezará ás 22.30 horas, no Auditorio Municipal, e as entradas xa están dispoñibles na web continentemaria.aine.gal

Vadim Yuchnevich e Melania Cruz nunha escena de Continente María. Foto: Aigi BogaA peza rende homenaxe a María Casares, a actriz galega de fama internacional e símbolo do republicanismo, con quen Melania Cruz dialoga agora sobre os diferentes escenarios. Continente María ofrece a posibilidade de navegar cara outro tempo e coñecer en profundidade a pegada desta grande artista, somerxendo á audiencia nunha emotiva viaxe a través da súa vida.
Esta é a terceira localidade que visita a obra tras estrearse na Coruña, cidade natal de María Casares cun cheo absoluto e despois de pasar dúas semanas en Santiago de Compostela. A montaxe, que dende a estrea gañou ao público e á crítica, conta cun equipo artístico internacional, pois a Tito Asorey e a Melania Cruz sumáronse a dramaturga uruguaia Marianella Morena, autora do texto, e o músico bielorruso Vadim Yukhnevich, encargado da música en directo.
Do proceso de documentación e creación de Continente María colaborou María Lopo, doutora en Literatura Francesa e especialista na figura da emblemática actriz. Esta profesora tamén tomará parte da programación da MITCFC, impartindo a conferencia María Casares. A patria do teatro no día posterior á representación da obra.
María Casares non goza na súa terra natal do recoñecemento que gañou no exilio en Francia, achegarnos á súa figura e reivindicala é unha tarefa pendente que temos como sociedade e que debemos facer en todos os ámbitos, pero especialmente sobre as táboas.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


