‘Fariña’ conclúe a súa segunda xira por Galicia
O espectáculo comezou en 2021 unha nova etapa en Xixón que o levou por numerosos puntos da Península. Na primavera de 2022 regresou a Galicia acumulando máis de 15.000 espectadores. En total, preto de 70.000 persoas acudiron ao teatro para desfrutar con Fariña.

Este domingo, 19 de xuño, concluía en Celanova unha intensa xira de case un ano que comezou no Teatro Jovellanos de Xixón o pasado agosto. Esta nova etapa levou o espectáculo baseado no libro de Nacho Carretero por 37 localidades de toda España. O elenco formado por Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, César Goldi, Oswaldo Digón, Marta Lado, Graciela Carlos, Melania Cruz e Borja Fernández continuou a súa boa sintonía co público, achegándose ao total de 70.000 espectadores.
Na primavera, o espectáculo dirixido por Tito Asorey volveu a Galicia logo de que a irrupción da Covid-19 paralizase a xira prevista inicialmente para 2022. Neste regreso á casa, unhas 15.000 persoas achegáronse ao teatro durante os dous intensos meses en terras galegas.
Durante os xa case que catro anos de funcións de Fariña, o espectáculo non parou de medrar, adaptándose ás circunstancias cambiantes durante estas épocas estrañas que nos tocou vivir. Neste tempo, o espectáculo estivo 10 comunidades autónomas, realizou máis de 200 funcións e percorreu miles de quilómetros, levando a historia do narcotráfico en Galicia a sitios ben diferentes das nosas costas.
E como di o autor no libro: non debemos esquecer o que aínda non rematou.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


