Somos Criminais 3 chega á metade da xira superando os 17.000 espectadores
O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle catro novas funcións do espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán. Pontevedra e Burela serán as seguintes paradas do mes de xaneiro.

Esta semana Somos Criminais 3 chega á metade da súa xira polos teatros e auditorios de Galicia. Logo da estrea na Illa de Arousa o 4 de decembro, o espectáculo pasou pola Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Vigo. Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegan agora ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo onde tentarán responder ás preguntas que nos facemos sobre como somos os galegos e se realmente somos como pensamos ou como din os demais que somos. É se algo está claro parece estar claro é que somos criminais, pero no sentido menos criminal da palabra.
As catro funcións desta fin de semana en Lugo marcan a metade da viaxe de Somos Criminais 3. Neste mes e medio de xira, xa son máis de 17.000 espectadores os que acudiron aos teatros ver o espectáculo. Carlos Blanco e Touriñán continuarán ata finais de febreiro coas funcións dunha produción que combina o “monólogo a dous” e os sketches.
Próximas datas
Despois das representacións desta fin de semana, a xira de Somos Criminais 3 continurá o mes de xaneiro en Pontevedra e Burela. O mes de febreiro pasará por Vilagarcía de Arousa e Cangas e rematará o día 20 no Auditorio de Ferrol.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


