Nacho Carretero e José L. Prieto contan como se adaptou ‘Fariña’ para o teatro
O autor do exitoso ensaio sobre o narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século, e o dramaturgo encargado da súa adaptación ao teatro, conversarán este martes ás 18.00 na conta de Instagram da Fnac.

“Fariña: do relato xornalístico á obra de teatro”. É o título da conversa que a Fnac organiza para este martes, a través da rede social Instagram, dentro da programación do Live Fórum Fnac. Son unha serie de encontros relacionados co teatro, a música ou a literatura que periodicamente pon en marcha a tenda de tecnoloxía e cultura nas súas canles dixitais.
Nacho Carretero, autor de Fariña, e José L. Prieto, responsable da adaptación da obra orixinal ao teatro, conversarán co público sobre cuestións como o xeito de trasladar trescentas páxinas dun libro a cen minutos dun espectáculo teatral, o emprego do galego na versión do espectáculo teatral en castelán, ou os xéneros que se empregan na obra (afondando, por exemplo, no camiño do humor ao drama que adoitan destacar os espectadores que asisten ao teatro).
Carretero e Prieto responderán ademais ás preguntas dos seguidores da Fnac en Instagram que decidan unirse ao directo, que durará ao redor dunha hora, e que forma parte das accións promocionais relacionadas coa exhibición do espectáculo teatral no Teatro Cofidís Alcázar, cada fin de semana desde o pasado mes de decembro.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


