Pepo Suevos, no reparto de ‘Fariña’
O actor ferrolán interpretará a un experto piloto de planeadoras da ría de Arousa na nova serie de Bambú Producciones para Atresmedia, que comeza a súa rodaxe este mes de xuño en Galicia.
Di Stefano será o seu nome na serie, que Antena 3 estreará a próxima temporada, e na que participan outros tantos actores galegos como Xosé A. Touriñán, Antonio Durán Morris, Tamar Novas ou Carlos Blanco entre outros.
Fariña súmase ao amplo currículo de Pepo Suevos, logo de ter participado en diferentes proxectos tanto dentro como fóra de Galicia. A súa última aparición na televisión de ámbito nacional foi na serie Aquí paz y después gloria, protagonizada por Antonio Resines.

NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


