Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee

Despois de cinco anos, o humorista presenta un novo texto escrito xunto a José L. Prieto e JJ Vaquero. Unha proposta que parte da relación cos animais para retratar, en clave de humor, as contradicións da especie humana.

Xosé A. Touriñán na presentación de 'Moi Animal'. Fotografía: Aigi Boga.

Este venres comeza en Cee a xira de Moi Animal, o novo monólogo de Xosé A. Touriñán, que inicia o seu percorrido polos escenarios galegos cunha primeira fin de semana que xa ten case todas as entradas esgotadas. A Casa da Cultura de Cee será o lugar que acolla o debut do espectáculo, que viaxará despois ata o Auditorio Sede Afundación de Pontevedra o resto da fin de semana.

Moi Animal marca o inicio dunha nova etapa na traxectoria escénica de Touriñán. Despois de cinco anos con Aquí Tou!, o humorista presenta un novo texto no que volve situar o público no centro da experiencia teatral, desta vez cunha proposta arredor da relación que mantemos cos animais e das contradicións que atravesan a nosa maneira de convivir con eles.

O texto está asinado por Xosé A. Touriñán, José L. Prieto e JJ Vaquero, e mantén o humor e a observación do cotián como punto de partida para construír un novo universo escénico arredor das nosas propias contradicións.

Tras a súa primeira función en Cee, o monólogo chegará a Pontevedra con funcións o sábado 17 e o domingo 18 de outubro no Auditorio Sede Afundación. A resposta do público nestas dúas primeiras localidades marca o comezo dun percorrido que continuará durante os próximos meses por diferentes escenarios galegos.

A xira continuará en Vilalba, o 23 de outubro, e Ourense, o día 30, antes de percorrer outras localidades galegas ata finais de decembro. As entradas e a información actualizada sobre todas as funcións están dispoñibles en moianimal.gal.

Entrada anterior
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.