Touriñán participará da gran noite de comedia dos Contos ao Noroeste
Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo e Lucía Veiga actuarán o 11 de agosto no Parque de Santa Margarida. Os 'Contos ao Noroeste' celebran a súa primeira edición dentro do programa do festival Noroeste Estrella Galicia da Coruña.
Xosé Antonio Touriñán participará da primeira edición dos Contos ao noroeste, unha programación de comedia que forma parte do Festival Noroeste, que celebra este ano a súa 37ª edición. Estará acompañado por Carlos Blanco, David Perdomo e Lucía Veiga nunha gran note de comedia que terá lugar o 11 de agosto no Parque de Santa Margarida a partir das 20.00 horas.
Touri actuará por primeira vez no Auditorio de Santa Margarida, un recinto polo que pasaron grandes artistas e formacións nos veráns coruñeses. As entradas para este espectáculo, cun prezo de 15€, están xa á venda na plataforma Ataquilla.
O resto da semana de Contos ao noroeste, haberá actuacións de Atenea García, Avelino González, Bea Campos, Celso Sanmartín, Leti da Taberna. Marita Martínez, Pepo Suevos e Roi da Costa.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



