Touriñán presentou a nova edición do Castelo Conta
Eventos habituais como a Noite de Monólogos, os Concertos do Castelo Conta ou os Contos de Castelo comparten cartel con novidades e estreas como o 'Castelo Arre ou Show', 'Regueifando en Castelo: festa e revolución' ou o 'Castelo Conta Poetry Slam'. Esta nova edición terá lugar do 19 ao 25 de agosto en Castelo.
O Castelo Conta xa ten datas oficiais: a parroquia de Castelo acollerá o festival do luns 19 ao domingo 25 de agosto. O director do Castelo Conta, Xosé A. Touriñán, presentou esta nova edición do Castelo Conta nun acto que tivo lugar este martes 9 no Campo da Capela. Á presentación acudiron representantes das institucións e das empresas colaboradoras, así como os veciños e veciñas do lugar.
A comedia, a música e a tradición oral regresan a Castelo na máis ambiciosa das edicións celebradas ata o momento. Entre os espectáculos anunciados temos actividades habituais do festival como os Contos de Castelo, a Xente Miúda ou os concertos de artistas e grupos como Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Sés, Dios ke te Crew, Boyanka Kostova, Lamatumbá, Maricarme ou Tiruleque.
O sábado 24 é o Dia Grande e nel terá lugar a Noite de Monólogos, o espectáculo fundacional do festival. Conducido por Touriñán, esta gran noite da comedia galega contará con Carlos Blanco, David Perdomo, Lucía Veiga, Oswaldo Digón, Isabel Risco, Pepo Suevos, Federico Pérez, Gari Garrido e Patri Castrillón.
A noite do xoves terá lugar Castelo Arre ou Show, un espectáculo inédito protagonizado por algúns dos mellores actrices e actores do momento: Tamar Novas, David Amor, David Perdomo, Isabel Garrido, Patri Castrillón e Xosé A. Touriñán.
Como novidade, este ano terán lugar dous espectáculos de exhibición coa tradición oral como base: Regueifando en Castelo: festa e revolución e Castelo Conta Poetry Slam.
Entre a programación de artes escénicas atopamos tamén espectáculos pensado para o público familiar como Máis Saabor!, Muiñada e De Vilatriste a Vilalegre.
A programación completa está dispoñible na páxina web do Castelo Conta, onde tamén se poderán adquirir as entradas para os espectáculos que o requiren a partir das 12.00 do mércores 10 de agosto.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



