Touriñán e Perdomo retoman a xira de ‘Corentena’
Os dous cómicos volven á estrada este mes con funcións programadas en Vigo e Cangas. No mes de maio, o espectáculo viaxará a Pontevedra e Santiago de Compostela.
Logo da exitosa fin de semana na Coruña, Touriñán e Perdomo volven á estrada co seu espectáculo nesta segunda parte da xira. Ata o momento, máis de 32.000 espectadores xa desfrutaron dun show que pasou das Redes Sociais aos escenarios no 2023.
A conexión co público segue funcionando e xa casen non quedan entradas dispoñibles para as funcións do Teatro Afundación de Vigo e do Auditorio Municipal de Cangas. No mes de maio, ‘Corentena‘ volverá a Pontevedra e Santiago de Compostela, tamén con poucas localidades aínda libres.
En ‘Corentena‘, David Perdomo e Xosé A. Touriñán recuperan o espírito daquelas noites do confinamento de 2020 onde improvisaban personaxes e sketchs, interactuaban co público e, sobre todo, pasábano en grande. De feito, ambos recoñecen que a medida do ben que o vai pasar o público neste espectáculo é o ben que o pasen eles sobre o escenario esa noite.
Todas as datas
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.



