Novas datas para ‘Corentena’!
Logo do éxito da primeira volta polos teatros galegos, Touriñán e Perdomo volverán ás cidades galegas pasando previamente por 6 vilas por vez primeira.
A principio do outono, Touriñán e Perdomo iniciaban una nova aventura con ‘Corentena’. O espectáculo, nacido nas conversas que os dous cómicos mantiñan a través de Instagram durante o confinamento de 2020, viña de facer un pequeno percorrido por salas e tivo a súa posta de longo este verán xuntando 1.600 persoas no festival Castelo Conta.
A piques de entrar no inverno, xa non quedan entradas para ningunha das datas anunciadas a mediados de setembro. Este mes de decembro, ‘Corentena‘ encheu catro funcións e Narón, catro na Coruña e tres en Santiago de Compostela. En total, preto de 10.000 espectadores achegaranse en decembro aos teatros para rir con Perdomo e Touriñán. Con todas as funcións esgotadas, fai unhas semanas, abríamos unha nova xira para levar o espectáculo por seis vilas galegas.
Lalín, primeira parada dese percorrido e última función do 2023, xa esgotou o 60% das localidades dispoñibles para os dous pases que terán lugar o 23 de decembro. ‘Corentena‘ viaxará despois a Noia, Vilalba, O Grove, Burela e Ponteareas entre xaneiro e febreiro do 2024. Este éxito de público fai que desde hoxe xa se poidan adquirir as entradas para a segunda volta polos teatros de Galicia, que incluirá ademais unha parada en Cangas, onde aínda non se estreou o espectáculo.
Consulta todas as datas
A falta de Ourense e Lugo, xa están dispoñibles as entradas para todas as funcións programadas polo de agora nesta ampliación da xira de Corentena. As entradas están á venda en corentena.gal e na web de Ataquilla.

NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.



