Xosé A. Touriñán, no reparto de ‘Pequeñas coincidencias’, a primeira serie española de Amazon
Producida por Atresmedia Studios, Medio Limón e Onza Entertainment, está protagonizada por Javier Veiga e Marta Hazas. Trátase dunha comedia romántica que emitirá Atresmedia nos próximos meses, logo de ser ofrecida ao completo por Amazon Prime Video.
Xosé A. Touriñán suma novos proxectos de ficción á súa traxectoria. Logo de ser un dos principais actores da exitosísima Fariña -Premio Ondas ás mellor ficción nacional segundo se anunciou esta semana-, o actor cullerdense grava nestas semanas en Madrid as últimas xornadas de Pequeñas coincidencias, unha comedia romántica que protagonizan Marta Hazas e Javier Veiga, e que será a primeira serie española da plataforma Amazon Prime Video.
Touriñán comparte reparto na serie con Juan Ibáñez, Mariano Peña, Alicia Rubio, Unax Ugalde, Tomás Pozzi ou Alosian Vivancos entre outros. Ródase en Madrid desde o pasado mes de setembro, e contará con oito capítulos de cincuenta minutos de duración.
Unha atípica comedia romántica
Marta inaugurou a súa propia boutique de vestidos de noiva. Javi é un crítico gastronómico recoñecido no seu campo. E os dous teñen moi poucas cousas en común. De feito, só unha: da noite á mañá pasan de preocuparse deles mesmos a sentir, de xeito moi repentino, o desexo de ter fillos.
O cerebro fará xogar malas pasadas aos protagonistas, que presenciarán de xeito imaxinario aos seus futuros fillos, xerando máis presión ao feito de ter que atopar á súa media laranxa. Diante deste acontecemento, Marta e Javi teñen unha cousa clara, atoparán á persoa perfecta para os seus fillos sexa como sexa. Aínda que só sexa para demostrarse a si mesmos que non están tolos.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


