Xa á venda as entradas para a función especial de ‘Amoriños’ no Festival Noroeste Estrella Galicia
Despois de máis de corenta funcións por toda Galicia e de converterse nun dos espectáculos máis celebrados da tempada, 'Amoriños' suma unha parada moi especial ao seu percorrido. O próximo 9 de agosto, Touriñán e Perdomo subirán ao escenario de Santa Margarida cunha función única e especialmente creada para o Festival Noroeste Estrella Galicia.
As entradas para a función especial de Amoriños na 39º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia xa están á venda. Será o domingo 9 de agosto, no Parque de Santa Margarida, cunha cita que porá o broche final á programación do festival e que ofrecerá unha versión especial do espectáculo, preparada especificamente para esta ocasión e con algunhas sorpresas pensadas para o público.
Ao longo dos últimos meses, Amoriños percorreu Galicia con máis de corenta representacións, reunindo milleiros de espectadores e espectadoras e consolidándose como unha das propostas escénicas máis destacadas da tempada. Agora, chega a un dos grandes eventos culturais do verán cun formato diferente, adaptado ao espírito do Noroeste Estrella Galicia.
Sobre o escenario, Xosé A. Touriñán e David Perdomo continúan facendo do humor, a improvisación e a participación do público os ingredientes principais dun espectáculo que toma o amor como punto de partida para construír unha experiencia distinta en cada función.
A actuación forma parte da programación de peche do festival, que durante varios días converterá A Coruña nun gran escenario ao aire libre con máis de corenta propostas musicais e escénicas repartidas por diferentes espazos da cidade.
As entradas para esta edición especial de Amoriños están dispoñibles a través da web do espectáculo, amorinos.info.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



