O Malicia Noticias conta con Touriñán como convidado especial
Xosé A. Touriñán participou este domingo no programa satírico da Televisión de Galicia.

O magacín satírico Malicia Noticias arrincou onte a última semana da temporada. E fíxoo con Xosé A. Touriñán como convidado especial. O cullerdense acompañou na mesa do programa a Arturo Fernández, Lucía Veiga, Noelia Rey e Brais Doval. Xuntos analizaron as novas máis estrafalarias do día e repasaron a actualidade galega. Touriñán foi tamén o encargado de dar vida nun sketch ao marido de Nenita, o popular personaxe interpretado por Lucía Veiga.
O programa da Televisión de Galicia obtivo uns moi bos datos de audiencia, conseguindo un 10,5 de share no prime time do domingo. Un total de 232.000 espectadores conectaron coa emisión, sendo o programa non informativo da TVG máis visto do día.
O programa completo está dispoñible á carta na web da Televisión de Galicia.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


