‘Nena’, producida por Touriñán, entre as obras impulsadas pola Agadic
Nena é unha das 6 curtas beneficiarias do programa de subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego.
Supón o debut como productor e director dunha curtametraxe de Xosé A. Touriñán.

Touriñan debuta na produción e na dirección
Vinte e dous proxectos audivisuais de contido cultural galego contarán co apoio da Agadic. A axencia, dependente da Xunta de Galicia, publicou a resolución das axudas entre as que se atopa Nena, a primeira curta de Xosé A. Touriñán como produtor.
O actor cullerdense, que escribiu este proxecto en colaboración con José L. Prieto, codirixirá a súa primeira curtametraxe co compostelán Jairo Iglesias, gañador do premio Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe de Ficción por Cicatrices, unha historia protagonizada por Isabel Blanco.
Producións de interese cultural
O proxecto, producido por Undodez e actualmente en fase de preprodución, é unha das seis curtametraxes seleccionadas. Xunto a Nena, atopamos os próximos traballos de Xacio Baño, Anxos Fazáns, Ángel Santos, Enrique Otero e Félix Brixel.
Trece longametraxes, das cales sete son pezas documentais, cinco de ficción e unha de animación; e tres series de televisión completan a listaxe de obras beneficiarias desta convocatoria.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


