Corentena
Así foi o 2023: todo un ano de festa
Máis de 50.000 espectadoras e espectadores ateigaron os teatros de todo o país para desfrutar de Aquí Tou!, Corentena, Códice K, Continente María, e as despedidas de Recortes e Somos Criminais 3. Levamos a mellor comedia por toda Galicia, e dedicamos o verán á festa que lle deu a volta á festa: o Castelo Conta.
Novas datas para ‘Corentena’!
O espectáculo arrinca en xaneiro unha nova xira na que pasará por distintas vilas e regresará ás cidades galegas. As entradas están xa á venda.
‘Corentena’ comeza en Narón un mes con todas as entradas esgotadas
Os dous cómicos enchen os catro pases do espectáculo programados no Pazo da Cultura.
‘Corentena’ amplía a súa xira ás vilas galegas
O gran éxito de público do espectáculo, con máis de 15.000 entradas vendidas, fai que Perdomo e Touriñán anuncien 5 novas datas a principio de ano. Noia, Vilalba, O Grove, Burela e Ponteareas acollerán as novas funcións.
‘Corentena’ fai parada en Vigo
‘Corentena’, o espectáculo de Touriñán e Perdomo, viaxa a Vigo. As entradas para os dous pases deste domingo están xa esgotadas.
Outra semana de moito teatro
Logo dunha fin de semana cun gran éxito de público, ‘Aquí Tou!’, ‘Corentena’, ‘Códice K’ e ‘Continente María’ afrontan varias funcións esta semana en Galicia e Colombia.





