O metro, de novo en marcha
Get Back, o espectáculo teatral de Camilo Franco e Diego Ameixeiras dirixido por Jorge Coira, segue o seu percorrido polos teatros das grandes cidades galegas con Federico Pérez a bordo. Logo de tres funcións en Compostela esta fin de semana, a próxima parada será no Rosalía de Castro da Coruña.

Un vagón do metro de Londres con só cinco pasaxeiros, cada un deles coa súa vida e as súas circunstancias… Todo o que pasa desde ese momento ten máis que ver coa psicoloxía, con como cada mente responde diante dunha situación que non agarda.
‘Get back to where you once belonged’, cantaban The Beatles. E o popular tema da banda británica serve para introducir ao espectador nese vagón, no que Federico Pérez, Miguel Guido, Tamara Canosa, Alfonso Agra e Mercedes Castro son os encargados de encarnar aos cinco protagonistas desta obra, idea de Camilo Franco, escrita por Diego Ameixeiras e dirixida por Jorge Coira.
Logo de representarse nos últimos meses do pasado ano en Vigo, Narón, As Pontes, Pontevedra e Ourense, ven de estar durante tres días no cartel do Teatro Principal de Compostela. A próxima semana visitará o Rosalía de Castro da Coruña, para seguir a súa xira en Noia, Lugo e Bertamiráns.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


