Touriñán, no ‘En Xogo’: “Quero que pase o Celta”
O actor e humorista cullerdense acompañou aos colaboradores habituais do coñecido programa deportivo da Televisión de Galicia para comentar a actualidade da xornada futbolística.
Ao outro lado da pantalla, pero nun plató ben diferente. Touriñán cambiou o pasado domingo de decorados para sentar na mesa do ‘En Xogo’. Todo grazas a un reto, lanzado por Carlos García Verdugo, diante do que o actor cullerdense non o dubidou.
No programa, Touriñán sentou ao carón dos colaboradores habituais do coñecido programa da TVG para achegar o seu punto de vista (como recoñecido deportivista) na análise da actualidade da xornada.
Houbo tamén tempo para un entretido test sobre algunhas imaxes de encontros da Segunda B e a Terceira, coñecidas polos espectadores do ‘En Xogo’, ao que o cómico cullerdense contestou con bastante acerto.
E tamén algunha sorpresa… O porteiro do Celta, Sergio Álvarez, gravou un vídeo preguntándolle a Touriñán sobre quen preferiría que gañara o mércores, no partido de Copa que enfronta ao equipo vigués contra o Real Madrid. “Que pase o Celta”, contestou sen dubidalo.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.


