Land Rober, agora os xoves na Televisión de Galicia
O programa da Televisión de Galicia, no que Xosé A. Touriñán é un dos grandes protagonistas, cambia a súa data de emisión, dos mércores aos xoves. Presentado por Roberto Vilar, o espazo xunta cada semana a decenas de miles de espectadores diante da pequena pantalla.
Os habituáis do Land Rober organizan xa as súas axendas para un dos grandes cambios na Televisión de Galicia no 2017. O programa de Roberto Vilar e Xosé A. Touriñán cambia a súa data de emisión para os xoves, logo de ocupar o prime-time dos mércores durante o último ano e medio.
Xosé A. Touriñán é unha das caras visibles deste exitoso formato que compaxina actuacións musicais, entrevistas e sketches nun particular tono cómico que cada semana reune a milleiros de persoas diante das pantallas. Os camaleónicos papeis do actor cullerdense, entre os que destacou o pasado ano o do multimillonario portugués Joao Simoes, son aclamados polo público que mesmo agarda semanas para poder vivir este espectáculo televisivo en directo desde o plató.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


