Nova función de ‘Corentena · Game Over’ na Coruña logo de encher Palexco en menos de 48 horas
O novo espectáculo de David Perdomo e Xosé A. Touriñán supera as 3000 entradas vendidas nunha fin de semana e vai camiño de repetir o éxito de 'Corentena'.
A nova proposta de David Perdomo e Xosé A. Touriñán apunta a novo éxito. ‘Corentena · Game Over’ abría a venda de entradas o pasado venres, e unha fin de semana despois xa rexistra un cheo no recinto co maior aforo da cidade da Coruña, e datos de asistencia máis que notables no resto de localidades da xira (para a estrea en Pontevedra xa supera o 50% do aforo).
Para a data de finais de marzo en Palexco está xa aberta a venda de entradas dun segundo pase, ás 19.00 horas. Pódense mercar a través de www.corentena.gal
O primeiro espectáculo-videoxogo percorrerá Galicia con oito funcións previstas desde o 7 de marzo e ata principios de xuño: ademais de Pontevedra, Ourense, Burela, O Grove, Vilalba, A Coruña, Vigo e Lugo serán as cidades e vilas que visitarán Perdomo e Touriñán no seu segundo proxecto teatral conxunto.
Sobre ‘Corentena · Game Over’
Pasado o tempo da pandemia entéraste de que o antídoto contra calquera novo virus está moito máis cerca do previsto. Decides emprender un emocionante camiño cheo de obstáculos e emocións para atopar o remedio a todos os teus futuros problemas. Unha viaxe chea de seres estraños, personaxes xa coñecidos e outras criaturas xamáis vistas. Serás quen de chegar ao final? Ollo! Calquera fallo levarate ao Game Over!
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.



