‘Clanes’, con Xosé A. Touriñán no papel de Nilo, prepara a súa segunda temporada
Vaca Films rodará esta primavera novos episodios do seu último proxecto de ficción para Netflix sobre o narcotráfico en Galicia.
Netflix e Vaca Films preparan a segunda temporada de Clanes. Logo do éxito da primeira temporada, que chegou a estar no Top 10 dos contidos máis vistos en Estados Unidos, a produtora galega rodada novos episodios da serie sobre o narcotráfico en Galicia.
Xosé A. Touriñán repetirá nesta nova entrega no papel de Nilo, un personaxe clave dentro da trama da primeira temporada. O actor interpretou ao curmán de Daniel (Tamar Novas), acompañándoo nos negocios do narcotráfico e vivindo en primeira persoa os conflitos e traizóns que marcaron o seu camiño.
A serie volverá contar co elenco orixinal, incluíndo a Clara Lago no papel de Ana, e seguirá explorando o mundo do narcotráfico galego baixo a dirección de Roger Gual. A rodaxe dará comezo nos próximos meses e manterá a esencia que fixo de ‘Clanes’ un fenómeno global. A primeira temporada segue dispoñible en Netflix.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



