Fariña representarase no Teatro Cofidís Alcázar de Madrid e sairá de xira por toda España
As produtoras do espectáculo acordan coa distribuidora Matel Cultura e a promotora Let’s Go, -unha das máis relevantes a nivel estatal- a continuidade da peza na capital a partir do 17 de decembro e ata o 31 de xaneiro. Un dos grandes teatros de Madrid, o Cofidís Alcázar, acollerá funcións de mércores a domingo, para as que sairán á venda as entradas nos próximos días.
‘Fariña’ remata unha aventura histórica en Madrid: máis de 6000 espectadores e o clamor da #CulturaSegura
O espectáculo representouse durante tres semanas nas Naves del Español, no medio de todas as incertezas pola situación sanitaria na capital. Convértese nun dos éxitos máis relevantes da historia do teatro galego fóra do noso país.
Fariña representarase no Teatro Colón da Coruña durante unha semana en novembro
O espectáculo volve a Galicia logo de esgotar as localidades cada día en Madrid durante un mes. Será xusto na semana na que se cumprirá un ano da estrea no teatro coruñés. As entradas sairán á venda nos próximos días.
‘Fariña’ abrirá a temporada de teatro en Madrid
As Naves del Español acollerán do 17 de setembro ao 11 de outubro o espectáculo dirixido por Tito Asorey, que leva ás táboas a exitosa obra de Nacho Carretero. Os teatros públicos madrileños retomarán coa produción galega a súa programación logo da crise sanitaria.
‘Fariña’ estará na Mostra Internacional de Ribadavia o 18 de xullo
A adaptación teatral da obra de Nacho Carretero, que non se representaba desde o pasado mes de xaneiro, regresará ao escenario o próximo sábado 18 de xullo no festival de teatro ourensán.