Portada » Espectáculos »
Espectáculos
Boiro acolle o próximo sábado o segundo concerto da xira de Lamatumbá
A formación ourensá estará na Pousada da Galiza Imaxinaria logo do concerto de presentación do novo directo en Mos, que inclúe novos temas. As entradas están á venda a través de www.lamatumba.gal e na propia sala.
Nace o “banco de probas” dos espectáculos de comedia en Galicia
Xosé A. Touriñán, Oswaldo Digón, Pepo Suevos, Carlos Blanco ou David Perdomo participarán en diferentes sesións de comedia nas que probarán textos para os seus próximos espectáculos. Santiago (3 de abril, Salón Teatro) e A Coruña (10 de abril, Sala Garufa) acollerán as dúas primeiras citas.
Novas funcións de ‘Corentena · Game Over’ en Pontevedra, A Coruña e Vigo
O novo espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo supera as 6000 entradas vendidas e abre novos pases nalgunhas das localidades polas que pasará a xira, prevista entre marzo e xuño.
Touriñán e Javier Veiga protagonizarán na Coruña un espectáculo solidario
Os cómicos actuarán no Teatro Colón o próximo xoves, a partir das 20.00 horas, nun evento cuxos beneficios irán destinados á Asociación Ecos do Sur, que traballa na defensa dos dereitos da persoas migrantes, en risco de exclusión e das mulleres en especial situación de vulnerabilidade.
Unha ponte teatral con ‘Corentena’ e ‘Aquí Tou!’
Os dous cómicos levan o seu espectáculo a Ourense e Lugo e o sábado o Teatro Colón recibe por vez primeira o monólogo de Touriñán.
Abrimos unha nova función de ‘Aquí Tou!’ na Coruña ante a gran demanda de público
As entradas para as funciónst de outubro no Teatro Colón esgotáronse nunha semana. O Auditorio de Palexco acolle o 12 de novembro unha nova data na Coruña.





