A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
Os artistas galegos únense de novo pola concordia no derbi galego
Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Roberto Vilar ou Tamar Novas entre outros vestiranse este sábado na Coruña de branquiazul ou celeste para unha nova edición de ‘O derbi dos artistiñas’. A cita terá lugar ás 12.00 no campo da Grela. Despois verán xuntos o derbi en no ABANCA Riazor.
“Voute chamar Maureto: metade Mauro, metade Bebeto…”
Mónica e Sabela, as protagonistas do anuncio da campaña Imposible sen ti, que cada ano acompaña o percorrido ata o día do Deportivo – Celta, levan vendo xuntas o derbi toda a vida. Un bar de Mondoñedo, un loro e toda a paixón do mundo polas cores branquiazul e celeste son os ingredientes dunha historia de amistade e, por suposto, fútbol.
Marcos Pereiro presenta ao gaiteiro Cristian Silva na Illa de Arousa
O gaiteiro Cristian Silva presenta no auditorio da Illa de Arousa o seu último traballo, Manual ególatra básico, nun concerto no que o humor correrá a cargo dun presentador moi especial, o cullerdense Marcos Pereiro.
‘Viradeira’ chega á Televisión de Galicia este domingo
Marcos Pereiro forma parte do reparto do novo proxecto de ficción de Voz Audiovisual, que este domingo estrea a Televisión de Galicia. Interpreta ao alcalde de Dorneda, o nome ficticio da vila mariñeira na que está ambientada a serie, dirixida por Óscar Pedraza.
Touriñán e Marcos Pereiro celebrarán unha gran festa o 14 de outubro polo seu quince aniversario
Os actores e humoristas cullerdenses reunirán en Ordes a todos os seus amigos e fans para poñerlle un inmellorable punto e final ao ano do aniversario cunha festa coa orquestra La Oca na que haberá moitas sorpresas durante máis de catro horas de celebración.
Touriñán e Marcos Pereiro despiden o seu aniversario coas últimas datas de ‘Agora en serio’
Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán despiden o seu quince aniversario coas derradeiras datas do espectáculo que a pasada primavera encheu en todas as cidades galegas.
Portada »






