Os artistas galegos únense de novo pola concordia no derbi galego
Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Roberto Vilar ou Tamar Novas entre outros vestiranse este sábado na Coruña de branquiazul ou celeste para unha nova edición de ‘O derbi dos artistiñas’. A cita terá lugar ás 12.00 no campo da Grela. Despois verán xuntos o derbi no ABANCA Riazor.

O derbi entre Deportivo e Celta no ABANCA Riazor non será a única cita futbolística deste sábado na Coruña. Case trinta artistas galegos, aos que se unirán xornalistas, músicos e en xeral, caras coñecidas do mundo da cultura, xogarán ás 12.00 no campo da Grela un partido moi especial.
É unha nova edición de ‘O derbi dos artistiñas’, unha cita que cumpre xa catro edicións consecutivas reunindo en Vigo ou A Coruña a nomes como Cristina Iglesias, Marcos Pereiro, Xosé A. Touriñán, Federico Pérez ou Martín Barreiro por parte do Deportivo, e Javier Veiga, Carmen Méndez, Roberto Vilar ou Terio Carrera polo Celta.
A axenda deste sábado para os artistiñas será intensa. Reuniranse en Matogrande a primeira hora para desprazarse xuntos nun autobús ata o campo, onde disputarán o partido ás 12.00 horas. Xa ás 15.00 terá lugar un xantar de confraternización, para despois ir xuntos ata o ABANCA Riazor, onde a partir das 18.30 e cos nervios a flor de pel dará comezo #onosoderbi.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán presenta ‘Moi Animal’, o seu novo monólogo
O humorista estrea unha nova proposta escénica arredor da nosa relación cos animais e das contradicións da especie humana. A xira comezará en outubro e percorrerá once localidades galegas.
Moi Animal
‘Moi Animal’ é o novo monólogo de Xosé A. Touriñán. A partires de outubro, percorrerá Galicia reflexionando sobre a nosa peculiar relación co resto das especies.
A Coruña acolle a programación do Noroestiño, a proposta familiar do 39º Festival Noroeste Estrella Galicia
A programación infantil do Festival Noroeste Estrella Galicia volverá aos Xardíns de Méndez Núñez do 5 ao 9 de agosto con sete propostas de música e artes escénicas para público familiar.


