Touriñán comezará 2018 cun dobre cheo na Coruña
O 13 de xaneiro estará no Teatro Colón acompañado por Oswaldo Digón nunha nova edición de Noites de Retranca. As entradas para as dúas funcións, previstas para as 20.30 e 22.30 horas, están xa esgotadas desde hai varias semanas.

Quen lembra esta noticia? Era o anuncio da triple función de Touriñán no Carballiño. Hai exactamente un ano. Non existe forma mellor de comprobar o bo estado de forma do cómico cullerdense que facer patente a vixencia de todo o publicado!
Non fixeron falta moito máis que un par de semanas para que as case novecentas butacas do Teatro Colón se ocuparan, para unha nova edición das Noites de Retranca, que desta volta compartirá Touriñán con Oswaldo Digón. Os cómicos coruñeses actuarán o 13 de xaneiro ás 20.30 e ás 22.30 horas, para satisfacer a enorme demanda de entradas.
Á Coruña levará Touriñán a historia de Manolo Lojo, un home de tráxica biografía ao que porén non se descarta que lle vaia aínda peor. Trátase do texto con máis anos de todos cantos interpreta o humorista sobre os escenarios: hai máis dunha década comezaba no mundo dos monólogos polos bares contando as aventuras e desventuras deste peculiar personaxe, ao que xa coñecen milleiros de espectadores logo das conferencias, como acostuma chamarlle ás súas actuacións, que ten ofrecido por todo o país.
NOTICIAS RELACIONADAS
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.


