‘Viradeira’ chega á Televisión de Galicia este domingo
Marcos Pereiro forma parte do reparto do novo proxecto de ficción de Voz Audiovisual, que este domingo estrea a Televisión de Galicia. Interpreta ao alcalde de Dorneda, o nome ficticio da vila mariñeira na que está ambientada a serie, dirixida por Óscar Pedraza.

A disputa que colle polo medio a Roxelio (Marcos Pereiro) sae á luz cando os habitantes de Dorneda comezan a crer a historia do Augusta, un barco afundido nas súas augas en 1588, que agocha unha gran fortuna. Ata entón ninguén, salvo Manel, un veciño ao que tomaban por tolo, daba credibilidade á lenda. Dous expertos chegan á vila e comeza o conflito: en Dorneda pensan que, de haber un tesouro afundido, debe ser para o pobo.
Unha serie chea de aventuras, amor e moito humor
En Dorneda atópase Casa Carmela, un mesón onde capítulo a capítulo cociñaranse as mellores historias e por onde pasará Marcos Pereiro e moitos outros rostros coñecidos da televisión galega, como Sabela Arán, Adrián Castiñeiras, César Cambeiro, Fina Calleja e Patricia Vázquez, entre outros.
Marcos Pereiro amplía con Viradeira o seu amplo currículo televisivo en Galicia, desde o seu primeiro papel en Terra de Miranda, ata darlle vida a Kevin José en Era Visto! Nesta ocasión tócalle ser o alcalde dun pequeno pobo mariñeiro, pero unha vez máis en clave de comedia.
Viradeira chega á Televisión de Galicia este domingo, a partir das 22.20 horas.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


