Logo de percorrer as vilas e aldeas de media Galicia, a primeira tempada de Buscando Ardebullo chega á súa fin. A Televisión de Galicia emite hoxe o derradeiro capítulo gravado no Couto, en Ponteceso, a aldea da que os propios protagonistas aseguran que é a que máis se asemella a ese lugar máxico e idílico que ben podería ser Ardebullo.
Unha viaxe por medio país
A Illa de Arousa, Parga, Santaballa, Sarreaus, O Ézaro, Albá, Vilatuxe, As Encrobas, A Arnoia e O Couto foron os lugares escollidos por Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro e Manolo Pereiro (o pai de Marcos) para esta nova aventura de rexistro ben diferente ao que o público estaba acostumado a ver con Mucha e Nucha.
En cada un dos episodios, os espectadores pudieron coñecer –a través dunha gala/espectáculo que recollía os momentos máis importantes da visita- a vida e circunstancias da xente que por alí pasaba. Coa súa furgoneta, Marcos, Touri e Manolo chegaron a lugares marabillosos onde preguntaron por todo, probaron todo tipo de gastronomía, cociñaron o que puideron, botaron unha man sempre que fixo falta, metéronse nalgún ca outro apreto e riron, sobre todo, riron!
Encanto visual
Foron dous meses de historias pequenas e grandes da xente do país, un eloxio ao máis bonito que temos e sempre a través de imaxes impresionantes, aéreas, en movemento, fixas e desde varios puntos de vista con cámaras situadas en lugares insospeitados.
Toda unha vida xuntos
Marcos Pereiro e Touriñán suman un novo proxecto xuntos logo de toda unha vida compartindo a evolución dunha espectacular carreira artística que os levou a participar en innumerables producións televisivas e de humor en directo. O teatro ou o cine son outros dos ámbitos nos que ultimamente se deixan ver, tanto xuntos como con proxectos individuais.
Ainé, na produción
Este proxecto conta no seu equipo con grandes nomes do audiovisual en Galicia, como Jorge Coira, que dirixiu algúns dos episodios do programa.
Matías Tarrío, Ana Míguez, Gaspar Broullón, Marcos Martínez ou Xosé González entre tantos outros completan un equipo no que o equipo de Ainé se encargou das tarefas de produción do programa.