Fede e Imposible sen ti, a polos Mestre Mateo
O sector audiovisual galego está de celebración esta fin de semana, xa que a gala dos Premios Mestre Mateo -organizada pola Academia Galega do Audiovisual- celebra mañá a súa décimo cuarta edición. Estes galardóns premian o mellor da produción audiovisual do país.

Fede e Imposible sen ti, finalistas
O actor Federico Pérez figura entre os finalistas á mellor interpretación masculina polo seu papel en Era Visto!, comedia familiar da Televisión de Galicia na que prima o humor verbal dos personaxes e que recentemente vén de estrear novos capítulos.
Pola súa parte, Imposible sen ti, de Text45 producións e Ainé producións, opta ao premio ao mellor spot publicitario. Esta foi a mensaxe da campaña institucional que Deportivo, Celta e Xunta de Galicia levaron a cabo a finais de 2015 para pedir concordia e bo ambiente nun dos derbis galegos.
Os gañadores saberémolos na gala de mañá, que reunirá á maioría dos profesionais do audiovisual de Galicia no Pazo da Ópera da Coruña e que estará conducida pola xornalista Marga Pazos e o humorista Xosé Antonio Touriñán.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


