Manolo Lojo, nas festas de San Vicente de Vilasantar
Xosé Antonio Touriñán actuará o próximo venres 25, co seu personaxe de Manolo Lojo, nas festas de San Vicente do concello coruñés de Vilasantar.

Manolo Lojo é un personaxe que o actor culleredense interpretou ao comezo da súa carreira… un home que só ten claro querer suicidarse, argumento arredor do cal conta os promenores da súa vida. Así, a vida de Manolo non foi fácil… un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto. Con este argumento, Touri constrúe a historia da súa máis coñecida identidade logo de ser Mucha nas Cantareiras de Ardebullo.
En máis dunha hora de espectáculo, o humorista galego trata temas de actualidade e historias clásicas… e todo na mellor clave de humor retranqueira que leva a unha viaxe emocionante a todos aqueles que teñan a oportunidade de velo en directo.
Touriñán é actualmente unha das caras máis coñecidas da televisión galega, cos seus papeis semanais en Buscando Ardebullo e no Land Rober. Tamén é un dos protagonistas da exitosa comedia teatral de Javier Veiga “Amigos ata a morte”.
NOTICIAS RELACIONADAS
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.


