‘Somos Criminais 3’ en Castelo
A noite do cuarto día do festival Castelo Conta torna criminal coa representación da obra de Touriñán e Carlos Blanco, a que máis vista da historia do teatro galego

Á VII edición do Castelo Conta chegan hoxe ás 22.00 horas unha parella de criminais, Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco, subirán ao escenario da Polideportiva a obra con máis entradas vendidas do teatro galego. Somos Criminais 3 realmente ten pouco de delituoso e moito de comedia, na que os humoristas reflexionan sobre a idiosincrasia galega e procuran dar explicación a por que somos como somos.
Aos máis de 50.000 espectadores que xa acudiron a ver Somos Criminais 3 aos teatros sumaranse os asistentes á última representación que haberá do espectáculo este ano. As entradas continúan á venda en somoscriminais.gal, nas webs do festival e Ataquilla e nos puntos de venda físicos do Castelo Conta.
Foron dúas as xiras de Somos Criminais 3, sendo a segunda interrompida pola crise sanitaria do coronavirus, sen que isto fose un impedimento para o seu éxito, que ten por áncora a dirección de Tito Asorey e os textos de José L. Prieto.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


