O Grove e Burela coñecerán esta fin de semana a tráxica biografía de Manolo Lojo
Xosé Antonio Touriñán retoma esta Semana Santa o seu monólogo en solitario nestas dúas localidades, onde actuará o venres e o sábado respectivamente. Para a cita no Grove, que contará con dúas funcións, xa non quedan localidades.

Todo pode ir a peor, tamén en Semana Santa. Manolo Lojo ten un plan alternativo ás procesións en O Grove e Burela que consiste en coñecer a historia da súa vida. Desde o seu tráxico nacemento, varios meses antes do previsto, ata o día no que soubo que tiña un tío empresario en Arxentina.
El Patio (O Grove) acollerá o venres a primeira cita co monólogo de Xosé Antonio Touriñán, coas entradas xa esgotadas para as dúas funcións previstas. Súmanse a todas e cada unha das actuacións do cómico cullerdense con este monólogo en 2017, que se contan por cheos.
Para o sábado, no auditorio de Burela, aínda quedan entradas en Ataquilla, na biblioteca da Casa da Cultura e no bar O Traste, a un prezo de 8 euros.
Serán as dúas últimas ocasións para gozar con este espectáculo de Touriñán nun tempo: en maio estrea un novo espectáculo con Marcos Pereiro, co que xirará por media Galicia durante os próximos meses.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


