El Club de la Comedia recibe este martes a Xosé Antonio Touriñán
O actor e humorista cullerdense estréase no formato referente do humor en directo desde hai máis dunha década. Berto Romero, Ana Simón, Iñaki Urrutia e David Broncano completan o cartel do programa que emite laSexta este martes ás 22.30.
O gran templo do humor televisivo abre este martes as súas portas a unha nova cara chegada desde Galicia. Xosé Antonio Touriñán estará este martes en El Club de la Comedia, o programa de laSexta polo que na última década teñen pasado todos os grandes do humor.
O actor e humorista cullerdense compartirá cartel con Ana Simón, Berto Romero, David Broncano e Iñaki Urrutia. Un programa de luxo para a que será a primeira aparición de Touriñán nunha cadea de ámbito estatal na súa faceta de monologuista. A cita, ás 22.30 horas deste martes, en laSexta.
Un dos grandes da comedia en Galicia
Poucos son os que non o coñecen. Máis dunha década na tele é a unha das causas, pero a outra ten máis que ver co seu carácter e o seu humor. Quen máis e quen menos sinte certo aprezo por Touri, que entrou nos fogares de media Galicia como Mucha, das Cantareiras de Ardebullo, e desde entón interpretou decenas de personaxes en diferentes programas e formatos.
Cando lle preguntan afirma convencido que unha das cousas coas que máis goza é co contacto co público en bares, teatros e auditorios, nos directos, nos que comezou como actor de moi novo co seu inseparable compañeiro Marcos Pereiro.
Touri é agora toda unha estrela da comedia en Galicia. Pregóns, presentacións, monólogos ou teatro son algunhas das súas especialidades sobre calquera escenario, onde tanto en solitario como acompañado polos seus colegas e amigos é quen de sacar sempre os mellores sorrisos ao público.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán chega hoxe a Vilalba con ‘Moi Animal’
O Auditorio Municipal Carmen Estévez acollerá dúas funcións do novo monólogo do humorista, que aborda en clave de comedia a nosa relación cos animais e as contradicións da especie humana.
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.


