Xosé A. Touriñán levará por primeira vez o seu monólogo a Madrid
Será o próximo 5 de abril, no Teatro Arlequín Gran Vía. As entradas xa poden mercarse a través de teatroarlequingranvia.com
Xosé A. Touriñán fará unha parada no medio das xiras de Aquí Tou! e Corentena · Game Over para actuar en Madrid. O Teatro Arlequín Gran Vía, un dos máis coñecidos da capital do estado, acollerá o próximo sábado 5 de abril o monólogo do cómico coruñés, dentro da programación de espectáculos de comedia, teatro e musicais que ofrece durante toda a temporada. Será a primeira vez de Touriñán en solitario fóra de Galicia, logo de participar en distintas ocasións en eventos de comedia acompañado doutros humoristas como Leo Harlem, Álex Clavero ou JJ Vaquero en Madrid ou Valladolid.
Para o espectáculo do 5 de abril, previsto ás 19.00 horas, quedan xa poucas localidades, que é posible adquirir a través da web teatroarlequingranvia.com nun prezo único de 20 euros.
Unha intensa primavera de comedia
Touriñán visitará Madrid logo de actuar o día anterior en Melide co seu monólogo Aquí Tou!, no inicio dunha xira que tamén o levará a Sanxenxo, Cee, Ourense, Ponteareas, Lugo ou O Carballiño ata finais de maio. Tamén nestes meses xira con David Perdomo, con ‘Corentena · Game Over’, que logo de estrearse en Pontevedra e pasar por Ourense e Burela, chegará nas próximas semanas á Coruña, Vilalba, Vigo, O Grove e Lugo.
Todas as datas de Touriñán nos próximos meses
- 26 Set
- O Porriño
- Aquí Tou!
- Mercar entradas
- 9 Out
- Madrid
- Monólogo
- Mercar entradas
- 10 Out
- Barcelona
- Monólogo
- Mercar entradas
- 16 Out
- Cee
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 17 Out - 18 Out
- Pontevedra
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 23 Out
- Vilalba
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 30 Out
- Ourense
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 31 Out
- Zaragoza
- Monólogo
- Mercar entradas
- 7 Nov
- O Grove
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 8 Nov
- Vigo
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 13 Nov
- Madrid
- Monólogo
- Mercar entradas
- 21 Nov
- Burgos
- Mentes Peligrosas
- Mercar entradas
- 27 Nov
- Lugo
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 28 Nov
- Burela
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 29 Nov
- Santiago de Compostela
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 5 Dec
- Narón
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 12 Dec
- Vilagarcía de Arousa
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 26 Dec
- A Coruña
- Moi Animal
- Mercar entradas
- 22 Xan 2027
- Madrid
- Monólogo
- Mercar entradas
- 23 Xan 2027
- Valencia
- Monólogo
- Mercar entradas
- 27 Feb 2027
- Santander
- Monólogo
- Mercar entradas
- 24 Abr 2027
- León
- Monólogo
- Mercar entradas
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.



