Marcos Pereiro únese ás Noites de Retranca
Logo de participar na última edición dos Monólogos R, o cómico e actor cullerdense participará neste afamado ciclo de humor en directo, compartindo escenario con Oswaldo Digón e Luis Iglesia o 11 de setembro no Teatro Colón da Coruña. As entradas están xa á venda.

Fixo rir, e moito, aos clientes de R a pasada primavera en Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense. Era a primeira vez que Marcos Pereiro se atrevía cun monólogo en solitario, acostumado ata entón a subir aos escenarios con Xosé A. Touriñán á súa esquerda. O éxito do texto, escrito por el mesmo, foi incontestable. Tamén o foi a súa particular forma de contar unha historia que provocou o aplauso unánime de todo o público.
Logo do verán, Marcos volve aos escenarios no ciclo Noites de Retranca. Polo momento nunha das datas (A Coruña, Teatro Colón, o 11 de setembro con entradas xa á venda en Ataquilla). Compartirá cartel con outros dous grandes: Luis Iglesia e Oswaldo Digón, nunha noite de humor que se aventura difícil de esquecer.
Será unha das poucas oportunidades que terá o público de ver a Marcos en solitario e en directo, ao menos no que queda ano. Embarcado en diferentes proxectos audiovisuais e de teatro, o actor cullerdense goza do recoñecemento do público en boa parte dos traballos nos que participa. Os últimos, a comedia musical en directo de Os Tristes (con Federico Pérez), e o seu xa coñecido e recoñecido papel como Kevin José en Era Visto.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


