Touriñán, na nova temporada de Land Rober
O humorista e actor cullerdense é, unha temporada máis, unha das estrelas do programa presentado por Roberto Vilar na Televisión de Galicia. Na súa volta ás pantallas o pasado mes de xaneiro, Touriñán fixo popular o personaxe de Joao Simoes, o portugués ao que lle tocou unha importante suma de millóns nun sorteo.
Un dos programas estrela da Televisión de Galicia está de novo nas grella da canle autonómica. O Land Rober de Roberto Vilar regresou o pasado mes de setembro logo das vacacións de verán co seu habitual equipo de colaboradores entre os que, unha temporada máis, destaca o polifacético Xosé A. Touriñán.
O actor cullerdense é unha das caras visibles dun exitoso formato que compaxina actuacións musicais, entrevistas e sketches nun particular tono cómico que cada semana reune a milleiros de persoas diante das pantallas. Os camaleónicos papeis de Touriñán, entre os que destacou a pasada primavera o do multimillonario portugués Joao Simoes, son aclamados polo público que mesmo agarda semanas para poder vivir este espectáculo televisivo en directo desde o plató.
Touriñán compaxina durante este outono as súas aparicións semanais en Land Rober cun proxecto teatral no que participará xunto con David Amor e Ledicia Sola, ademais das gravacións dun novo programa que prepara xunto co seu eterno compañeiro Marcos Pereiro.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


