‘Presidente’, de José L. Prieto, o novo proxecto teatral co que Federico Pérez xira por Galicia
Logo da súa exitosa participación en O Florido Pensil, Federico Pérez volve ás taboas da man do Teatro do Morcego cunha obra cómica que xira por Galicia durante os meses de setembro e outubro.
En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o Presidente do Goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.
Así comeza a sinopse de ‘Presidente’, da compañía Teatro do Morcego, escrita por José Luis Prieto e cun elenco de luxo con Celso parada, Federico Pérez, Mercedes Castro, César Goldi e Iolanda Muiños. Hora e media de comedia con escenografía do Obradoiro de Narón, deseño de son e música a cargo de Anxo Graña, e iluminación de David Deive.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


