Touriñán, entrevistado no prime time da televisión portuguesa
O actor cullerdense chega hoxe a Lisboa para participar no programa de televisión 5 Para a Meia-Noite, un late show que se emite todos os martes á medianoite na RTP1, a principal canle da televisión do país veciño.

Trátase dun programa no que cinco presentadores, un cada día da semana, reciben a varios invitados nun ambiente informal, e sempre co humor como telón de fondo. Rui Unas será o encargado de entrevistar ao cómico galego, e xuntos interacturán co público e comentarán as novas máis importantes da semana.
Éxitos
Touri viaxa a Portugal logo dunha fin de semana de moito traballo: o venres e o sábado estreaba en Narón o “Monólogo do Imbécil”, un novo espectáculo do artista co que chegará os próximos meses aos teatros de todo o país. É, así mesmo, unha das caras máis coñecidas da televisión galega actualmente, cos seus papeis semanais en Buscando Ardebullo e no Land Rober.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


