“Ten tanto talento que só ten que canalizalo”
Xosé A. Touriñán sorprede de novo. Desta volta co Monólogo do Imbécil, un texto de José L. Prieto que durante os próximos meses levará por diferentes teatros do país, e que esta fin de semana estreou no Pazo da Cultura de Narón.

Desta volta á súa dereita non estaba Nucha. Tampouco Curtis. Non podía berrarlle a Nacho e a María, e por non ter, nin tiña a barreira das grandes gafas de Manolo Lojo entre os seus ollos e os do público.
Touriñán, o texto, as luces e o silencio, que co paso dos minutos se transformou en risas e sorrisos. Se cadra máis sorrisos, como recoñecía nunha entrevista nas horas previas á estrea: “non é un espectáculo de gargalladas”.
O Monólogo do Imbécil xa fora premiado en 2003 co Premio Max ao mellor texto en lingua galega, polo que quedaba o premio do público, en forma de pechada ovación, á interpretación coa que Xosé Antonio Touriñán sorprendeu unha vez máis.
“Ten tanto talento que só ten que canalizalo”, comentaba José L. Prieto á saída do auditorio falando sobre o que supón para Touriñán esta nova aventura sobre o escenario. “É un reto, un paso máis, moi importante porque require de moita disciplina, e non é o tipo de papel que está acostumado a facer”.
O Monólogo do Imbécil estará nas próximas semanas en Compostela, Ourense, Ortigueira ou A Coruña. Touriñán tamén visitará Albacete e Tenerife para interpretar o texto en castelán, e ese será outro conto… O conto, se todo vai ben, dun novo éxito, doutro pequeno paso.
NOTICIAS RELACIONADAS
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.


