Fede e Pepo xuntos no Luar
Federico Pérez e Pepo Suevos acaban de estrear un novo espectáculo cómico que se emite cada venres pola noite no Luar da Televisión de Galicia.

Trátase de dous xubilados, Ramiro Zahera –Fede- e o seu amigo Venancio –Pepo-, que parolan sobre as cousas e os problemas da vida, e fano sempre tras unha valla de obras.
Unha das caras máis imprescindibles do audiovisual de Galicia, a Fede case todo o mundo o coñece polo seus papeis en Era Visto! ou Padre Casares. No seu recente currículo tamén están o programa de cociña Desafío nos fogóns e o espectáculo Curtis&Teixeiro –xunto a Xosé A. Touriñán-.
Pola súa parte, Pepo é un fantástico actor e monologuista. Ten participado en proxectos a nivel estatal como Piratas ou Aquí paz y después gloria, e en Galicia puidemos velo en Mareas Vivas, Terra de Miranda, Caseiros ou Matalobos. Actualmente forma parte do equipo de guión da serie de Cuatro Gym Tony.
Os dous tamén participaron no monólogo colectivo “Viramos tolos pola tele”, espectáculo organizado pola compañía R no 2014 e no que se deron cita algúns dos humoristas máis importantes do panorama galego.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


