Touriñán participa no espectáculo ‘Mentes Peligrosas’ con Leo Harlem, Ana Morgade e JJ Vaquero
Santiago de Compostela recibe este sábado aos cómicos, que actuarán diante de máis de 3000 espectadoras e espectadores no Palacio de Congresos e Exposicións. As entradas están esgotadas desde hai varias semanas.
Sesión dobre de comedia para esta fin de semana en Santiago. Xosé A. Touriñán será o anfitrión dun novo espectáculo de ‘Mentes Peligrosas’, desta volta coa participación de Leo Harlem, Ana Morgade e JJ Vaquero, que chegan a Galicia logo de ter participado en distintas edicións do Encontro Mundial de Humorismo, ou de actuar cos seus monólogos en distintos teatros e auditorios das cidades galegas.
O Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, en San Lázaro, acollerá na tarde deste sábado dúas sesións de comedia irrepetibles, para as que as entradas están esgotadas desde hai semanas. O espectáculo, producido por Etiqueta Negra, vendeu máis de 70.000 entradas o pasado ano, co colofón no mes de decembro en Madrid, nun Movistar Arena cheo para desfrutar con todas as e os artistas que participaron na xira.
Nova oportunidade para ver ‘Mentes Peligrosas’ en Vigo
Logo da cita deste sábado en Santiago, ‘Mentes Peligrosas’ volverá a Galicia o próximo 22 de marzo, cun espectáculo no que participarán Ana Morgade, Carolina Iglesias, Henar Álvarez e Lalachus, no Auditorio Mar de Vigo. As últimas entradas están aínda dispoñibles.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Amoriños’ chega ao Noroeste Estrella Galicia cunha edición especial en Santa Margarida
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo formará parte da programación da 39 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cunha función especial o 9 de agosto.
Xosé A. Touriñán incorpórase ao elenco da terceira e última tempada de ‘Clanes’
A serie de Netflix producida por Vaca Films despídese cunha última entrega que volve reunir a Clara Lago e Tamar Novas como protagonistas, xunto a un amplo elenco do que forma parte Xosé A. Touriñán. A tempada final pecha a historia deste universo do narcotráfico en Cambados.
Máis improvisación oral para despois do verán: ‘Territorio Regueifa’ suma tres novas funcións
O espectáculo regresará aos escenarios en outubro e novembro con tres novas funcións xa confirmadas. Entre elas destaca a primeira representación fóra de Galicia, que terá lugar en Barakaldo.



