Touriñán leva o monólogo ‘Aquí Tou!’ ao festival Ultreia et Suseia de Sarria

A cita é o 22 de xullo e as entradas xa están á venda en aquitou.gal
Touriñán nun momento do monólogo 'Aquí Tou!'

Touriñán nun momento do monólogo 'Aquí Tou!'. Foto: Aigi Boga

Xosé A. Touriñán é un dos protagonistas da segunda edición do festival cultural Ultreia et Suseia, que terá lugar do 16 de xullo ao 23 de agosto en Sarria, unha cita imperdible coa comedia, a narrativa oral e a música. ‘Aquí Tou!’, o monólogo máis persoal de Touriñán, chega á vila luguesa o sábado 22 de xullo, ás 21:00 horas no Auditorio Meigas e Trasgos, e as entradas xa están á venda en aquitou.gal.

Antes da cita en Sarria, Touriñán tamén estará con este espectáculo de humor o vindeiro 15 de xullo en Fene. Será ás 22:00 horas na Praza do alcalde Ramón José Souto González no marco da programación cultural “Xullo, o mes da patria” do Concello de Fene. A entrada é de balde con reserva previa.

En ‘Aquí Tou!’ Touriñán fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que inclúe a serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, o levaron a ser que hoxe é.

Máis de 6.000 espectadores xa gozaron con este monólogo na xira que tivo lugar entre abril e xuño deste ano e que xa levou ao cómico a vilas galegas como O Grove, Burela, Noia, Ponteareas, Cangas, Lalín ou Catoira.

Artigo anterior
Carlos Blanco e Touriñán pechan a xira de ‘Somos Criminais 3’ superando os 100.000 espectadores desde 2018
Artigo seguinte
‘Nena’ gaña o premio do xurado no FIC Vilafamés

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán leva o monólogo ‘Aquí Tou!’ ao festival Ultreia et Suseia de Sarria