Touriñán, estrela convidada da primeira función de Malo será!
O novo programa da Televisión de Galicia que pretende levar as cámaras aos teatros, e os teatros ás pequenas pantallas, estréase este xoves no Teatro Afundación de Vigo. O actor e humorista Xosé Antonio Touriñán acompañará ao elenco que durante todo o verán percorrerá diferentes teatros da nosa xeografía.
Malo será! bótase ao teatro por primeira vez este xoves. Na primeira das sete funcións programadas para este verán en diferentes cidades e vilas galegas, onde un elenco formado por Federico Pérez, Marcos Pereiro ou Lucía Regueiro entre outros levará o universo televisivo ata detrás dos telóns, para devolver despois á pequena pantalla o resultado de noventa minutos cheos de humor sobre os escenarios.
No primeiro programa (este xoves ás 21.00 en Vigo -Teatro Afundación-), o elenco de Malo será! non poderá estar mellor acompañado: Xosé A. Touriñán, o humorista máis relevante do momento en Galicia, será un máis nun espectáculo no que protagonizará diferentes sketches xunto cos seus compañeiros e amigos.
As últimas entradas á venda están dispoñibles en Ataquilla, con prezos comprendidos entre os 8 e os 11 euros.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


