Marcos Pereiro e Federico Pérez, entre o teatro e a televisión con Malo será!
A televisión desembarca no teatro o 28 de xuño, en Vigo. Será o comezo dunha ruta que levará a un elenco formado por Federico Pérez, Marcos Pereiro, Lucía Regueiro e Oswaldo Digón entre outros por diferentes localidades de Galicia.
Pode pasar calquera cousa… pero malo será! O novo formato da Televisión de Galicia, producido por Tex45 Producións e no que participa Ainé Producións, é toda unha homenaxe ao humor en directo, o caso é que as cámaras recollerán todo o que aconteza sobre as táboas.
Detrás do telón, Lucía Regueiro de presentadora, e un elenco formado por nomes por todos coñecidos: Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga, Oswaldo Digón e Sabela Hermida.
Un programa de sketches, con algunhas particularidades: música en directo, unha espectacular escenografía itinerante, e un equipo de máis de cincuenta profesionais para levar a televisión ao teatro, e o teatro á televisión.
Vigo abrirá, o xoves 28 de xuño, un calendario de funcións no que xa están marcadas outras tantas citas: Verín, A Coruña, Noia, Viveiro, A Illa de Arousa, Lugo…
As entradas para o espectáculo de Vigo pódense mercar na web de Ataquilla, onde o elenco de actrices e actores completarase cun convidado especial e unha actriz local.
Federico Pérez: novas identidades para Josito e Moncho
Coñecido polo público da TVG polas súas aparicións en Padre Casares e Era Visto!, Federico Pérez retoma a súa traxectoria facendo humor diante das cámaras converténdose dun dos actores principais de Malo será!
Logo da súa participación o pasado ano na ficción de Atresmedia Tiempos de Guerra, Fede volve a Galicia para facer de novo comedia, e meterse na pel de centos de personaxes en cada programa.
Marcos Pereiro: as táboas, o seu hábitat natural
Foi alcalde de Dorneda na última lexislatura… ou temporada de Viradeira, a serie que ata hai poucos meses ocupou o prime-time dos domingos na Televisión de Galicia. Con Malo será! volve aos teatros, un dos lugares onde máis goza do seu traballo, pero tamén ao humor na televisión, onde se fixo coñecido xunto con Xosé A. Touriñán.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán presenta ‘Moi Animal’, o seu novo monólogo
O humorista estrea unha nova proposta escénica arredor da nosa relación cos animais e das contradicións da especie humana. A xira comezará en outubro e percorrerá once localidades galegas.
A Coruña acolle a programación do Noroestiño, a proposta familiar do 39º Festival Noroeste Estrella Galicia
A programación infantil do Festival Noroeste Estrella Galicia volverá aos Xardíns de Méndez Núñez do 5 ao 9 de agosto con sete propostas de música e artes escénicas para público familiar.
Xa á venda as entradas para a función especial de ‘Amoriños’ no Festival Noroeste Estrella Galicia
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega o vindeiro 9 de agosto ao Parque de Santa Margarida cunha función especial dentro da 39º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. As entradas xa están dispoñibles.


