Touriñán e Perdomo farán dobre pase de ‘Corentena · Game Over’ no Grove ao esgotar todas as localidades
As entradas para a segunda función, prevista para as 23.00 horas, están xa á venda. O auditorio da localidade pontevedresa recibirá esta nova edición do espectáculo xurdido a partir das conversas dos cómicos durante a pandemia, logo de encher tamén dous pases en xaneiro do 2024 coa primeira parte.
Novo cheo de Corentena · Game Over, o novo espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo, desta volta no Grove. Xa non quedan localidades para a función prevista ás 20.30, que reunirá a máis de cincocentas persoas no auditorio municipal.
Como pasou hai algo máis dun ano no mesmo espazo, os cómicos coruñeses ofrecerán un segundo pase, ás 23.00, para o que xa están á venda as localidades a través de www.corentena.gal. É a terceira vez na xira que o espectáculo abre novas funcións pola elevada demanda de entradas. Só na Coruña foron ata 4.500 os espectadores que abarrotaron o auditorio de Palexco en dous días.
En Corentena · Game Over non faltan os personaxes máis coñecidos polo público de Touriñán e Perdomo, e o público é tamén protagonista. Un inédito videoxogo teatral sorprende ás e aos espectadores desde o inicio do espectáculo, que está sendo desde a súa estrea a principios de marzo un dos máis exitosos da temporada.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.



