Xosé A. Touriñán
Xosé A. Touriñán levará por primeira vez o seu monólogo a Madrid
Será o próximo 5 de abril, no Teatro Arlequín Gran Vía. As entradas xa poden mercarse a través de teatroarlequingranvia.com
‘Corentena · Game Over’ encherá tres funcións na Coruña
O Auditorio Gaviota de Palexco recibirá a máis de catro mil persoas a próxima fin de semana no regreso de Xosé A. Touriñán e David Perdomo coa segunda parte do seu espectáculo xuntos.
‘Aquí Tou!’, o monólogo de Xosé A. Touriñán, programa oito novas funcións esta primavera
O espectáculo estará en Melide, Madrid, Sanxenxo, Cee, Ourense, O Carballiño, Lugo e Ponteareas ata o 25 de maio. As entradas poden mercarse a través de www.aquitou.gal, onde tamén está o resto da información sobre espazos e horarios.
Touriñán, Carlos Blanco e ‘Somos Criminais’, o máis destacado do teatro galego no 2024 segundo o Observatorio da Cultura Galega
O adianto do Barómetro da Cultura Galega sitúa o traballo cos actores coruñés e arousán por diante de institucións e iniciativas que tamén destacan, como o Centro Dramático Galego, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, o espectáculo Iribarne, ou as compañías Sarabela Teatro e Chévere.
Novas funcións de ‘Corentena · Game Over’ en Pontevedra, A Coruña e Vigo
O novo espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo supera as 6000 entradas vendidas e abre novos pases nalgunhas das localidades polas que pasará a xira, prevista entre marzo e xuño.
Xosé A. Touriñán: “Eu quero traballar aquí e desde aquí”
O actor participa na serie de entrevistas ‘Vinte almorzando con Deleite’, da revista de Praza.gal, onde repasa a súa carreira e os seus últimos proxectos.





