Land Rober

Land Rober, agora os xoves na Televisión de Galicia

O programa da Televisión de Galicia, no que Xosé A. Touriñán é un dos grandes protagonistas, cambia a súa data de emisión, dos mércores aos xoves. Presentado por Roberto Vilar, o espazo xunta cada semana a decenas de miles de espectadores diante da pequena pantalla.

Touriñán grava en Portugal ‘Vidago Palace’

O actor cullerdense estivo a pasada semana no país veciño gravando varias secuencias dunha nova serie da TVG en coprodución coa Rádio e Televisão de Portugal, cuxos dereitos de emisión xa foron vendidos ás televisións públicas de Italia e Polonia, e que verá a luz a principios do próximo ano.

Touriñán e Land Rober, de volta na TVG

Un dos programas máis seguidos da canle pública volve este mércores ás pantallas logo da parada polas vacacións do verán. Xosé A. Touriñán encabezará de novo o amplo equipo de colaboradores deste divertido espectáculo televisivo centrado no humor.

Touriñán, na nova temporada de Land Rober

O actor cullerdense é, unha temporada máis, unha das estrelas do programa presentado por Roberto Vilar na TVG. Na súa volta ás pantallas o pasado mes de xaneiro, Touriñán fixo popular o personaxe de Joao Simoes, o portugués ao que lle tocou unha importante suma de millóns nun sorteo.

Portada » Land Rober