Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón poxarán curiosas esculturas este luns en Castelo
Nunha función inédita do espectáculo ‘Coleccionistas’, na que Federico Pérez substituirá a Santi Romay, os cómicos improvisarán sobre un amplio catálogo de obxectos dos veciños de Castelo, e construirán a partir deles curiosos sketches.
Un ano absolutamente criminal
Rematou 2018. Un ano no que en Ainé transitamos un camiño de ida e volta entre os teatros e os platós, entre as oficinas e as rodaxes, e que en cantidade e calidade de proxectos deixa o listón ben alto de cara ao 2019 que comeza.
O mes de xuño pecha as primeiras xiras de ‘Somos Criminais’, ‘Coleccionistas’ e ‘A culpa é do sistema’
Tres dos espectáculos que marcaron a axenda cultural desta primavera en Galicia rematan na primeira quincena deste mes os seus respectivos percorridos polo país, pensando xa en novas datas para os meses do outono.
Improvisación, arte e solidariedade xúntanse en ‘Coleccionistas’
Cada función do novo espectáculo de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay remata cunha poxa real de réplicas de obras de arte na que participan todos os espectadores. Os beneficios recadados son destinados á Cruz Vermella.
Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay reinterpretan a historia da arte en ‘Coleccionistas’
A Illa de Arousa acollerá o 14 de abril a estrea deste novo espectáculo, no que participa Ainé Producións, que percorrerá máis de dez localidades entre os meses de abril e xuño. Os espectadores asistirán en cada función ás máis orixinais reinterpretacións dalgunhas das obras de arte máis coñecidas.