‘Somos Criminais e punto final’ arrasa na venda de entradas da súa xira
En tan só unha semana o espectáculo conseguiu vender máis de 10.000 entradas
O novo espectáculo de comedia de Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco, cuxa estrea será o próximo 1 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, xa é todo un éxito entre o público. En tan só unha semana, os dous cómicos conseguiron vender máis de 10.000 de localidades para o novo espectáculo.
O pasado mércores presentouse Somos Criminais e punto final, a derradeira entrega dun espectáculo que superou todos os récords. Cos súas anteriores edicións, sobrepasáronse os 100.000 espectadores e esta nova función parece seguir o mesmo camiño.
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco poñeranse, nesta ocasión, ao mando dunha misión espacial moi particular. Os humoristas serán os encargados de que na súa nave, rumbo a outro planeta, estea presente todo o noso patrimonio material e inmaterial máis prezado para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.
Santiago de Compostela, Vilagarcía, Cangas, Ourense, Lugo, Burela, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Narón… Somos Criminais e punto final estará de xira desde o 1 de novembro ata o 18 xaneiro. Todas as datas e localizacións, así como a venda de entradas están dispoñibles en somoscriminais.gal e na web da plataforma Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



