Ainé e Navarro Abogados & Consultores detallarán as vantaxes fiscais do investimento en espectáculos no club empresarial Nordés
O evento terá lugar o vindeiro 15 de novembro na Coruña, Xosé A. Touriñán, Álvaro Pérez Becerra, socios en Ainé, e o asesor fiscal Iker Aldea, explicarán as particularidades do investimento en cultura.
Cada ano miles de persoas desfrutan da oferta cultural que as produtoras galegas levan aos escenarios de todo o país. Ainé sitúase, no ámbito das artes escénicas, como a empresa líder na venda de entradas en Galicia con diferentes propostas de espectáculos, á vez que traballa na consolidación da súa estrutura no ámbito da innovación e a sostibilidade.
Pero, como se financia a industria cultural e que posibilidades de investimento existen? Financiar cultura non só impulsa o desenvolvemento creativo e fortalece a identidade cultural, senón que ademais ofrece interesantes beneficios fiscais. Este é o eixo do evento “Financiar cultura en Galicia: Deducións fiscais por investimento en espectáculos”, que terá lugar o venres 15 de novembro en Nordés Club Empresarial, na Coruña.
Durante esta sesión, os nosos socios, Xosé A. Touriñán e Álvaro Pérez Becerra, xunto con Iker Aldea, asesor fiscal en Navarro Avogados & Consultores, abordarán as particularidades das empresas culturais e os incentivos fiscais asociados aos investimentos neste sector.
Podes reservar a túa praza nesta ligazón!
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



